"Satisfacción" por un San Froilán multitudinario

O sector hostaleiro e o do lecer nocturno fan un balance positivo das festas
Ambiente durante el jueves 12 de octubre en Lugo. XESÚS PONTE
photo_camera Ambiente durante el jueves 12 de octubre en Lugo. XESÚS PONTE

Aínda que o recinto feiral da San Froilán aberto aínda este venres e farao tamén o sábado, o programa oficial das patronais lucenses, que son festas de Interese Turístico Nacional, finalizaba a pasada madrugada, cunha sensación xeneralizada de "satisfacción" por parte dos organizadores e da hostalería da cidade, logo de nove días coas rúas abarrotadas por miles de persoas.

O representante do sector hostaleiro na Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, Jacobo García, afirmou que o resultado desta edición das festas foi "satisfactorio".

Foron "moitos días" cunha ocupación elevada, precisou, ao redor de " un 70%" nos hoteis da cidade e, nas xornadas grandes -festivos e vésperas de festivos-, algúns establecementos chegaron "ao cheo total", dixo a EFE.

Aparte do programa, Jacobo García destacou a influencia que tivo o tempo, con xornadas de ceos totalmente despexados e temperaturas elevadas, no desenvolvemento das festas.

Na mesma liña pronunciouse, tamén en declaracións a EFE, o representante do sector do lecer nocturno. Juan Agra dixo que os establecementos da noite lucense traballaron ben durante as festas, porque "facía moi bo tempo e iso animou á xente a saír á rúa" para gozar das festas.

Tamén incidiu no feito de que foron "unhas festas moi tranquilas", sen incidentes de importancia, a pesar dos miles de persoas que saíron durante nove días a gozar da noite.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, cualificou estas festas como éxito. Ademais, quixo recordar que aínda nos queda este fin de semana para poder gozar das barracas e do recinto feiral".

As casetas do polbo estarán abertas todo o mes. Por iso animou a "lucenses e visitantes a que sigan gozando da cidade". 

Comentarios