Zara escolle a Ribeira Sacra para promocionar a súa nova colección

O tirón do sur de Lugo como destino turístico natural consolídase coa elección da multinacional
Zara promociona su nueva colección en la Ribeira Sacra.jpg
photo_camera Zara promociona a súa nova colección na Ribeira Sacra.EP

Zara elixiu a Ribeira Sacra como pano de fondo para presentar a súa nova colección The Pier unha proposta estival, na que combina cores e estampados que evocan a unha natureza nostálxica

No catálogo, as modelos pousan con vestidos, saias, polos ou bandanas azuis na contorna das augas do río Miño, xa sexa abordo dunha zodiac, ou nun picnic improvisado a base de legumes, froita e ovos de paspallás.

Os tons mariños e celestes combinan con cores máis vivas que evocan á flora silvestre en estampados de corte setenteiro nos que predomina o verde e o amarelo, tanto nos vestidos como en complementos como blusas ou chaquetas.

A Ribeira Sacra converteuse nun destino de referencia nos últimos tempos, nos que se potenciou a súa candidatura para formar parte do Patrimonio Mundial da Unesco en en o que o turismo de proximidade deulle un empuxe, facendo que miles de visitantes descubran as súas marabillas ao resto do mundo a través das redes sociais.
 

Comentarios