A Xunta licita a restauración da igrexa de San Vicente de Pombeiro, en Pantón

O orzamento das obras é de 270.000 euros
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera A igrexa de San Vicente de Pombeiro. SEBAS SENANDE

A Xunta licitou por 270.000 euros a realización de actuacións de conservación e mantemento na igrexa de San Vicente de Pombeiro, situada no municipio de Ferreira de Pantón.

O templo, declarado Ben de Interese Cultural (BIC), é un dos mosteiros máis relevantes da Ribeira Sacra na época medieval e está considerado como unha das xoias do románico en Galicia, explicou o Goberno galego.

Segundo a contratación publicada este martes, as actuacións que levarán a cabo no templo permitirán reducir a presenza de humidades e a entrada de auga a través da cuberta, así como mellorar a carpintería das fiestras, o estado das fachadas, a sancristía ou o acceso a través do atrio.

Así pois, entre as actuacións que levarán a cabo destaca o cambio da actual cuberta, a eliminación de humidades nas bases dos muros ou a execución de novas carpinterías nas fiestras que garantan a ventilación.

Do mesmo xeito, renovaranse os rejuntados das fachadas exteriores, reordenarase o espazo da sancristía, substituíndo a porta de entrada e peche, e renovarase a pavimentación do espazo do atrio para facilitar o acceso. O prazo de execución dos traballos será de seis meses.

Alta Idade Media

A igrexa de San Vicente de Pombeiro, do mesmo xeito que outros mosteiros da zona, tivo as súas orixes na alta Idade Media, cando os anacoretas poboaron as terras da Ribeira Sacra. En concreto, é do último terzo do século XII e da primeira metade do século XIII.

Conta cunha planta basilical de tres naves e cabeceira tripla. De fábrica románica conserva a cabeceira e parte dos muros perimetrales das naves, tanto ao interior como ao exterior.

No seu interior ten elementos moi destacados, como o conxunto de retablos, especialmente o maior, de principios do século XVIII, vinculado ao taller de Francisco Castro Canseco, e o ciclo de pinturas murais que se descubriron no 1996, que foron restauradas pola Xunta a través da Dirección Xeral de Patrimonio cultural. Representan a Santa Cea, as lamentacións sobre o Cristo morto, o xuízo final e outras escenas como o nacemento de Cristo ou Santa Ana.

Esta intervención súmase a outras previstas polo Goberno galego e centradas na mellora da conservación e rehabilitación do patrimonio cultural Ribeira Sacra. En concreto, a pasada semana, a Xunta iniciou a tramitación administrativa para contratar as novas obras de restauración da igrexa de Santo Estevo de Atán, tamén no concello de Pantón, por máis de 40.000 euros.

Comentarios