A Xunta licita a rehabilitación do Centro de Educación Especial de Monforte

O importe para a obra é de 934.838 euros
TEAU5689
photo_camera Centro de continuidade do Colexio Infanta Elena. ARQUIVO

A Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional sacou a licitación a obra de rehabilitación integral do Centro de Educación Especial (CEE) Infanta Elena, en Monforte de Lemos, por un importe de 934.836 euros.

Segundo aparece publicado na Plataforma de Contratos de Galicia, o prazo de presentación de ofertas por parte das empresas finaliza o día 18 de maio e o de execución dos traballos a realizar, unha vez formalizado o contrato, será de 3 meses.

O obxectivo do goberno galego é resolver a contratación para que as obras poidan comezar no verán, aínda que iniciado o curso, en setembro, haberá compatibilizar os traballos coa actividade lectiva “sempre baixo as máximas condicións de seguridade e respectando as indicacións das autoridades sanitarias”, informa a Xunta de Galicia.

O proxecto contempla obras para mellorar a eficiencia enerxética do edificio -con actuacións na fachada, o illamento, as fiestras e a cuberta-, ademais da substitución do actual sistema de iluminación -por luces led- e melloras en aseos, vestiarios, aulas, salón de actos e entrada para autobuses.

As obras serán financiadas ao 80% con cargo aos fondos europeos Feder.

Comentarios