A Xunta inicia os trámites para declarar BIC o colexio do Cardeal de Monforte

A figura servirá para protexer o conxunto que forman o edificio escolar, a igrexa, o museo e o claustro

20181212EscolapiosMonforteI
photo_camera Reunión entre os representantes da Xunta e do colexio do Cardeal de Monforte. EP

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, mantivo un encontro cos responsables do colexio do Cardeal de Monforte (os Pais Escolapios) aos que comunicou o obxectivo da Xunta de iniciar os trámites e que o monumento sexa declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

O complexo está formado polo edificio do colexio coa fachada de estilo renacentista, a igrexa da nosa Señora da Antiga, o claustro e a pinacoteca. O templo alberga importantes obras de arte entre as que destaca o retablo maior, obra do escultor Fancisco Moure, realizado a principios do século XVII.

Tamén conta cunha estatua fundida en bronce do cardeal Rodrigo de Castro, obra de Juan de Bolonia. O museo, instalado na antiga sancristía, dispón de dous óleos do Greco e cinco táboas de Andrea del Sarto.

Comentarios