sábado. 27.11.2021 |
El tiempo
sábado. 27.11.2021
El tiempo

A Xunta inicia unha nova campaña arqueolóxica sobre a orixe de Ribeira Sacra

Proyecto de rehabilitación realizado hace una década en la aldea de Millara, en Pantón. TOÑO PARGA (ADP)
Pantón. TOÑO PARGA (ADP)
A intervención na área do Preguntoiro, en Pantón, prolongarase tres semanas

A Xunta de Galicia informou da posta en marcha dunha nova campaña arqueolóxica na área do Preguntoiro, no municipio lucense de Pantón, para profundar no coñecemento sobre a orixe da Ribeira Sacra.

Esta intervención, que se prolongará durante tres semanas, enmárcase nun convenio de colaboración, dotado con 24.000 euros, que asinaron a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Pantón.

Ata o próximo 6 de novembro, un equipo multidisciplinar, composto por dez investigadores de institucións científicas como a Universidade de Lisboa, o Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do CSIC ou a Universidade Complutense de Madrid, traballarán nese espazo baixo a coordinación de Sonia García Rodríguez e a dirección de Xurxo Ayán Vila.

Ese equipo centrarase no control da limpeza biótica da área onde se localiza o xacemento arqueolóxico para, a continuación, realizar os correspondentes sondaxes arqueolóxicas.

Será, informa a Xunta, "unha prospección intensiva de toda a zona, o rexistro e interpretación de inscricións rupestres e a fotogametría dixital dos vestixios, coa finalidade de favorecer a súa caracterización espacial, cronolóxica e funcional, así como mellorar a visualización dos restos arqueolóxicos alí conservados, de face á súa visita pola cidadanía en xeral".

Ademais de profundar no legado da Ribeira Sacra, os traballos tamén servirán para "coñecer a orixe do mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro", que está conectado co xacemento a través dunha calzada medieval. 

A Xunta inicia unha nova campaña arqueolóxica sobre a orixe de...
comentarios