A Xunta facilitará préstamos sen intereses para rehabilitar vivendas

Ángeles Vázquez explicou en Monforte que esta liña de incentivos é compatible coas subvencións autonómicas para actuar no Ari da Ribeira Sacra e no dos Camiños
Ángeles Vázquez se dirige al público en Monforte. MIGUEL PIÑEIRO
photo_camera Ángeles Vázquez se dirige al público en Monforte. MIGUEL PIÑEIRO

A conselleira de Medio Ambiente en funcións, Ángeles, destacou este luns en Monforte que a Xunta facilitará o acceso a préstamos sen intereses co fin de fomentar a rehabilitación de vivendas.

Estes incentivos serán compatibles, segundo explicou a titular de Medio Ambiente do Goberno galego, coas subvencións autonómicas para actuar no Área de rehabilitación integral (Ari) da Ribeira Sacra, composta por once municipios, e dos Camiños, conformada por sete concellos da comarca.

Ángeles fixo este anuncio no marco dun encontro informativo organizado polo seu departamento, que tivo lugar nas instalacións do centro de formación e experimentación agroforestal monfortino.

A conselleira estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, nun acto ao que acudiron máis de 80 representantes municipais, empresarios, profesionais do sector e veciños.

En detalle. A Administración autonómica publicará proximamente a nova convocatoria deste programa de préstamos. O IGVS asumirá a totalidade dos intereses durante catro anos se as familias solicitantes teñen ingresos de ata catro veces o Indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem).

A subsidiación alcanzará o 80% no caso das unidades de convivencia con ata 5,5 veces o Iprem, por tres anos. En canto ás persoas con ingresos entre 5,5 e 6,5 veces o Iprem e de peticións realizadas por unha comunidade de propietarios, non se aplicarán bonificacións, aínda que haberá facilidades na concesión do préstamo, por exemplo, a través da exención das comisións correspondentes.

A iniciativa dispón dun orzamento global de 400.000 euros, o dobre que en 2021, destinado a cubrir os intereses. O obxectivo é valerse dos convenios con entidades bancarias para ofrecer ás familias condiciones vantaxosas.

Comentarios