Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

A Xunta non establecerá un transporte público regular en Folgoso do Courel pola baixa demandaa

Aldea en Folgoso do Courel. AEP
Aldea en Folgoso do Courel. AEP

Os vehículos "só" circularán "cando exista unha solicitude previa" deste servizo excepcionalmente 

A Xunta rexeita establecer un transporte público regular en Folgoso do Courel por existir unha "demanda excepcionalmente baixa", de forma que os vehículos "só" circularán "cando exista unha solicitude previa" deste servizo. A través dunha resposta parlamentaria a En Marea, o Goberno galego explica que non implementará esta medida para "evitar, desta forma, a circulación de vehículos baleiros polas estradas" da zona. 

Pola súa banda, a plataforma [email protected] Vivo, impulsora desta iniciativa levada á Cámara a través do partido instrumental, denuncia que á Administración autonómica impórtalle "un pito" a situación. "Non pedimos máis que os servizos que teñen noutras zonas de Galicia. Merecemos que Deputación e Xunta déixennos de tomar o pelo e cumpran as necesidades básicas do Courel", esgrime a asociación. 

Facendo referencia ao Plan de Transporte Público de Galicia, o Goberno autonómico asegura que realiza traballos de campo, entrevistas con centros de atracción a viaxeiros e outras medidas para identificar os aspectos a "mellorar" no sistema. Nesta rolda de contactos, continúa a Xunta, inclúense entrevistas "con cada un dos concellos de Galicia, que poderán trasladar as achegas que estimen oportuno" neste contexto, ademais de reunións coas "principais" centrais sindicais, asociación de nais e pais de alumnos ou coas federacións de empresarios de transporte de viaxeiros por estrada. 
 

A Xunta non establecerá un transporte público regular en Folgoso do...
Comentarios