A Xunta declara BIC a Ribeira Sacra para que opte ao Patrimonio Mundial

O Consello de Goberno así o ditaminou na reunión que celebrou este xoves

Vendimia en la Ribeira Sacra. EP
photo_camera Ribeira Sacra. EP

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou a aprobación do decreto polo que se declara Ben de Interese Cultural (BIC) a paisaxe e elementos que conforman a Ribeira Sacra, paso previo para que poida optar a Patrimonio da Humanidade da Unesco.

O Consello da Xunta así o ditaminou na reunión que celebrou este xoves, o que permite, segundo Feijóo, acreditar os valores excepcionais do territorio e garantir o máximo nivel de protección para un conxunto cuxa extensión se achega aos 180 quilómetros cadrados.

O responsable da Xunta mostrou a súa satisfacción polo traballo levado a cabo polos técnicos da Consellería de Cultura e o resto de axentes implicados neste proceso, xa que, subliñou, logrouse reducir de dous a un ano o prazo de tramitación.

E é que ao longo de análise do expediente, ademais de ambos os informes da Real Academia de Belas Artes e do Consello da Cultura Galega, recibíronse 29 alegacións, das cales 23 foron estimadas total ou parcialmente.

O titular do Executivo autonómico precisou que en virtude deste decreto queda establecido que o paisaxe cultural da Ribeira Sacra abarca parte do territorio de 22 concellos das provincias de Lugo e Ourense en dúas zonas diferenciadas: a do BIC; e a de protección.

Ademais, inclúense unha serie de bens individuais, Son os que gozan xa da máxima protección, en total 70 BIC entre inmobles (58), mobles (3) e manifestacións do patrimonio inmaterial (9). Hai tamén 512 bens inmobles catalogados no ámbito do paisaxe cultural da Ribeira Sacra, é dicir, que se sitúan dentro da zona BIC e de protección do ben que se declara polo presente decreto.

As cifras non quedan aí, pois entran 634 bens inmobles de carácter sacro catalogados no conxunto do territorio, como capelas, igrexas ou ermidas.

O decreto aprobado este xoves establece un réxime de protección xeral dos bens integrados na paisaxe cultural, que responde ao réxime legal xa existente e regula a zona de protección, así como outro específico para a paisaxe cultural, que requirirá autorización para actuacións maiores como novas construcións, infraestruturas e instalacións, a reconstrución de casas ou a modificación da estrutura tradicional en grandes superficies.

Comentarios