O castro Monte Cido, no Courel, será obxecto de escavación a partir do luns

Xunta e CSIC colaboran para estudar as formas de poboamento entre a Idade de Ferro e o imperio romano
Castro de Monte Cido
photo_camera Castro de Monte Cido

A Xunta de Galicia e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) colaboran nunha escavación arqueolóxica no castro Monte Cido, en Folgoso do Courel, que empezará a desenvolverse o luns 2 de agosto. Os traballos realizaranse a través do grupo de investigación EST-AP do Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Sociais.

A Xunta explica que se trata de a primeira vez que se realiza unha campaña arqueolóxica nese espazo" e o obxectivo da escavación é "entender as formas de poboación nas serras orientais galegas na transición da Idade de Ferro ao comezo da dominación romana".

Esta intervención, financiada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xurdiu por iniciativa da Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel e da Asociación Cultural San Xoán de Seoane de Courel, ademais de contar coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel.

"O castro Monte Cido nunca foi obxecto dunha escavación arqueolóxica, pero hai evidencias de que procede del a táboa de hospitalidade do Courel e a Guía de Carbedo, un dos principais testemuños do paso das lexións de Roma por montes orientais de Lugo", explica Brais X. Currás, director do proxecto.

Para o desenvolvemento destas exvaciones, cóntase coa codirección de Luís F. López González, da empresa Terra Arqueos S.L., autor dunha tese doutoral sobre a poboación antiga nas montañas do Courel.

Comentarios