miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

A Xunta aplicará a técnica do 'mulching' no incendio de Ribas de Sil

Parte de la superficie quemada en RIbas de Sil. EFE
Parte da superficie queimada en Ribas de Sil. EFE
O obxectivo é evitar que as cinzas cheguen ao río

A Xunta aplicará a técnica de mulching, consistente en crear unha cuberta protectora do chan con materiais como palla, no incendio de Ribas de Sil –que arrasou máis de 1.700 hectáreas– para evitar arrastres de cinzas coas choivas. 

Diso informou este xoves o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, nun encontro cos alcaldes de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela; de Quiroga, Julio Álvarez; e de A Pobra do Brollón, José Luís Maceda. 

Estas técnicas de mulching aplicaranse nas zonas máis danadas, que son entre o 5% e o 10% da superficie total afectada, segundo os datos da Consellería de Medio Rural. 

Os técnicos do CIF de Lourizán observan un dano baixo na maior parte do terreo. Tamén constatan a falta de afección ás canles dos ríos Sil e Lor, xa que non conectan coas zonas arrasadas ao existir barreiras naturais que evitan o arrastre de cinzas ás canles fluviais. 

Igualmente, recorrerase nalgunhas zonas ao helimulching, consistente en lanzar a palla desde helicópteros nas zonas de máis pendente no canto de facelo de forma manual. 

A vexetación dominante é o piñeiro maduro (Pinus pinaster), o que augura unha boa rexeneración natural nos próximos meses, así como matogueiras de brezo, tamén con boa capacidade de rebrote. 

A Xunta aplicará a técnica do 'mulching' no incendio de Ribas de Sil
comentarios