A Xunta acusa a Renfe de "castigar a Galicia" ao suprimir o 80% dos seus trens

Os conselleiros de Mobilidade e Industria déronse cita en Monforte con alcaldes da comarca para demandar mellores conexións ferroviarias, sobre todo na provincia de Lugo
En el centro, Francisco Conde y Ethel Vázquez en la estación de buses de Monforte L.A.R.
photo_camera No centro, Francisco Conde e Ethel Vázquez na estación de buses de Monforte.

Dous conselleiros da Xunta en funcións déronse cita en Monforte, arroupados polos alcaldes e representantes do PP nos concellos da Ribeira Sacra, para denunciar, dixeron, unha importante redución dos servizos ferroviarios tanto dentro da comunidade galega como desde esta a outras zonas do territorio español. Estiman que se suprimiron o 80% dos trens.

A responsable de Infraestructiuras e Mobilidade, Ethel Vázquez; e a da área de Industria e Emprego, Francisco Conde, destacaron que Galicia leva tempo "castigada" no que se refire aos servizos ferroviarios, en especial cos que afectan á provincia de Lugo e de forma singular a Monforte, "xa que a crise da Covid-19 está a ser empregada por Renfe como escusa para eliminar o 80% dos servizos ferroviarios na estación monfortina", destacou Ethel Vázquez.

A titular de Infraestruturas explicou que, mentres os servizos de autobús dependentes da Xunta están a funcionar case ao cen por cento tras a superación do estado de alarma e de levantarse as restricións á mobilidade, pola contra, o Goberno de España mantén suspendidas as expedicións ferroviarias en Galicia, sendo a recuperación de servizos "anecdótica".

Tanto Vázquez como Conde destacaron na cidade do Cabe que levan semanas demandando á reposición dos trens suprimidos, non perdendo a oportunidade para reclamar "un tren do século XXI para Galicia".

O monfortino Francisco Conde destacou a importancia que cobra a conexión ferroviaria para "a competitividade e a accesibilidade á hora de impulsar ou turismo na Ribeira Sacra".

O PP está especialmente preocupado pola eliminación de trens entre Galicia e o resto de España, sendo a deputada electa por Lugo Raquel Arias a que semanas atrás deu a voz de alarma sobre iso, á vez que manifestou a intención de implicar á sociedade civil en iniciativas de presión para recuperalos servizos ferroviarios perdidos.

Comentarios