A Feira do Viño de Amandi trasládase ao 18 e 19 de abril para non coincidir coas autonómicas

Os 25 adegueiros preinscritos están de acordo coa decisión

Feira do Viño de Amandi, en 2018. ARCHIVO
photo_camera Feira do Viño de Amandi, en 2018. ARCHIVO

O Concello de Sober e os 25 adegueiros inscritos na XL Feira do Viño de Amandi decidiron trasladar a celebración da cita á fin de semana do 18 e 19 de abril para evitar a coincidir coas eleccións autonómicas, fixadas o 5 de abril. É a primera vez nos 40 anos de celebración da feira que non se fará do Domingo de Ramos.

MES DE AMANDI. O resto de actividades previstas mantén o seu calendario. O Mes do Amandi e a presentación do cartel anunciador da Feira serán o día 21 de marzo, sábado, no miradoiro dos Chelos, en Amandi. 

O prazo para a presentación de orixinais para o concurso de carteis remata o 15 de febreiro.