domingo. 25.10.2020 |
El tiempo
domingo. 25.10.2020
El tiempo

Unha vintena de adegas da Ribeira Sacra xa finalizaron a vendima

Uvas recollidas durante a vendima. ELISEO TRIGO
Uvas recollidas durante a vendima. ELISEO TRIGO
As que terminaron son "principalmente adegas pequenas", segundo explicou o consello regulador

Un total de 21 adegas das 95 que están a recoller a súa colleita ao amparo da denominación de orixe Ribeira Sacra finalizaron xa a vendima, só dous días despois da data recomendada oficialmente polo órgano reitor para iniciar a recollida, fixada para o 16 de setembro, informa o consello regulador.

Aquelas que xa terminaron a vendima son "principalmente adegas pequenas", aclara o órgano reitor, que apuraron as tarefas ante a posibilidade de choiva nos próximos días".

"Espérase que este fin de semana sexa de moita actividade nas viñas da denominación de orixe Ribeira Sacra", onde "66 adegas están xa realizando a vendima".

Tamén hai oito adegas que aínda non comezaron a recoller a colleita deste ano.

De momento, foron recollidos 1.323.239 quilos dos cinco millóns que, previsiblemente, entrarán este ano nas adegas.

"A uva que está a entrar na adega ten un estado sanitario óptimo", subliña o consello regulador, que tamén recorda que nos traballos nas viñas están a adoptarse todas as medidas necesarias para a prevención do covid-19.

Unha vintena de adegas da Ribeira Sacra xa finalizaron a vendima
comentarios