lunes. 18.10.2021 |
El tiempo
lunes. 18.10.2021
El tiempo

Vinte voluntarios retiran centos de quilos de lixo dunha cova courelá

Veinte voluntarios retiran cientos de kilos de basura de una cueva courelá. MARTA MANCEBO
Veinte voluntarios retiran cientos de kilos de basura de una cueva courelá. MARTA MANCEBO
é a segunda acción organizada por Montañas do Courel, que terá continuidade o 16 de outubro en Romeor

Un grupo formado por 20 especialistas en espeleoloxía e barranquismo acudiron na xornada deste de forma voluntaria a unha chamada dos responsables do geo parque mundial Montañas do Courel para retirar o lixo que se acumulaba no fondo de A Cova de Chao da Espiña, situada entre Teixeira e Noceda. O xerente do geoparque, Martín Alemparte, destacou o altruísmo destes profesionais chegados de diferentes puntos de Galicia para pór en valor unha cova de alto valor patrimonial.

As tarefas de limpeza non resultaron fáciles, xa que foi necesario o uso de cordas para baixar ata a sima e logo subir todo o material que se atopaba depositado no fondo.

Había numerosos colchóns e restos óseos vos de animais, entre outros desperdicios. Martín  sinalou que todo o retirado levaba décadas alí, cando os veciños, ao non dispor dun servizo de recollida de aveños ou de retirada de reses que falecían, buscaban un lugar remoto e profundo para usalo como vertedoiro, como foi o caso da Cova de Chao da Espiña.

Esta é a segunda acción desenvolvida dentro de plan de limpeza de lugares de interese deseñado por Montañas do Courel, contando coa colaboración de voluntarios.

MÁIS ACTUACIÓNS. A primeira actuación tivo lugar a principios deste mes na zona do barranco Rego Seco (entre Campodola e Leixazós), onde 18 voluntarios sacaron do fondo da garganta todo tipo de materiais, como pneumáticos, biondas, tubaxes de gran grosor e diferentes aveños domésticos, como colchóns e mobles.

Martín indicou que o programa de limpeza non quedará aquí e que o día 16 de outubro pediuse a presenza de voluntarios para chegar ata a cova de Romeor, onde tamén é necesario proceder a librala do lixo acumulado.

COIDADOS. En Montañas do Courel queren que todos os seus espazos estean nas mellores condicións posibles, xa que a Unesco, organismo que concedeu o título fai algo máis de dous anos ao territorio que comparten Quiroga, Ribas de Sil e O Courel, fai avaliacións periódicas do estado da zona.

Así, se na Unesco detectan que hai deixamento na conservación e promoción do espazo poden chegar a retirar o título.

Vinte voluntarios retiran centos de quilos de lixo dunha cova courelá
comentarios