Os viños de Ribeira Sacra conseguen 19 medallas no mundial de Aosta

Os máis premiados foron os tintos, que levaron seis ouros e outras tantas pratas
catando-vino
photo_camera Cata de viño. AEP

Un total de 19 viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra conseguiron medalla no Mundial de Viños Extremos que se celebrou no val italiano de Aosta os días 1 e 13 deste mes. Ao certame concorreron 51 mostras de 35 adegas desta denominación, que se fixeron con 12 medallas de ouro e 9 de prata.

Na categoría de brancos levaron medalla de ouro o Viña Garoña, da adega Vía Garoña; un godello Vía Romana, da adega do mesmo nome; e unha nova Abadía da Cova, de Adegas Moure. Ademais, houbo unha medalla de prata para Almalarga, da adega Pena das Doas.

Na categoría de tintos houbo seis medallas de ouro e outras tanta de prata para os viños da Ribeira Sacra. Os ouros foron para Viña Mesquita, que elabora José Manuel Vidal; Viña Peón, de Ernesto Rodríguez; Castrofiz Barrica, da adega Castrofiz; e Don Cosme da firma EDV. Con prata saíron os caldos Capador, de Adega Tear; Val da Lenda, de Victor Manuel Rodríguez; Don Bernardino, da adega do mesmo nome; Ribeira Sacra Tradición, de Jorge Feijóo; Malcavada, de Araceli Vázquez; e Ribeira Sacra Prómine, de Adegas Petrón.

Na categoría Outras Anadas houbo tres medallas de ouro para os viños Regina Viarum Ecolóxico, da adega do mesmo nome; Don Bernardino Leira Mesquita, de Don Bernardino; e Condado de Sequeiras Barrica, da adega do mesmo nome.

Comentarios