Víctor Fábregas, o carteiro da Televisión de Galicia, visita Chantada

O programa emitirase este sábado ás 18.45 horas
Víctor Fábregas, en Chantada. ÉZARO FILMS
photo_camera Víctor Fábregas, en Chantada. ÉZARO FILMS

Víctor Fábregas, o carteiro de Sen Código Postal, desprazarase este sábado ata Chantada, o corazón de Galicia, para entregar unha nova carta en nome da Televisión de Galicia —ás 18.45 horas, na TVG—.

A guía turística da localidad, Beatriz Pérez, será nesta ocasión quen conduzca a Fábregas polos lugares más destacables e emblemáticos do municipio.

Fábregas visitará a Taberna do Peto, onde terá a oportunidade de coñecer de primeira man todos os segredos que rodean ao famoso Camiño do Inverno. 

Na Adega Condado de Sequeiras, Andrea Vázquez será a encargada de explicar o proceso de producción de viño da zona.

Ademais, Fábregas tamén probará o famoso dulce de leite de Casa Baltar e animarase a bailar a muiñeira de Chantada. 

Comentarios