domingo. 23.02.2020 |
El tiempo
domingo. 23.02.2020
El tiempo

A velutina chegou á comarca polo río Miño desde a costa atlántica

Niño de velutinas, coas súas larvas, retirado en Monforte. L.A.R.
Niño de velutinas, coas súas larvas, retirado en Monforte. L.A.R.
Un biólogo da Universidade de Santiago prognosticou a súa expansión e creou un mapa interactivo para saber onde chegará a avispa asiática, cada vez máis presente na comarca

A velutina, a avespa asiática que ademais de acabar coas colmeas de abellas causou xa varios mortos en Galicia polas seus tóxicas picaduras, o último o pasado venres en Pantón, chegou a Galicia hai tan só oito anos, concentrándose a súa presenza na costa atlántica, onde os invernos son moito máis suaves que no interior.

Todo cambiou co cambio climático, segundo apuntan os expertos que seguen a evolución da colonización desta especie invasora. Apuntan que a subida das temperaturas propiciou que a velutina chegue ao interior de Galicia seguindo a canle do río Miño e logre expandirse desde Os Peares, onde desemboca o Sil, por esta última canle cara a Sober, Brollón, Quiroga ou Ribas de Sil, municipios onde cada vez se detectan máis niños.

O caso é que a vespa velutina seguirá expandíndose ao longo de 2020 (agora comeza o seu período de hibernación), intensificando a súa presenza na franxa atlántica costeira e penetrando cada vez máis cara ao interior a través dos vales dos ríos Miño e Sil.

Só as montañas do Courel, Os Ancares e do oriente ourensán manteranse libres de momento desta especie invasora.

Segundo os cálculos da Consellería de Medio Rural, o municipio de Monforte é o máis afectado por esta praga invasora

Así o asegurou o doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela Luis Rodríguez Lado, creador do programa Velumap, dispoñible para o público a través da páxina web http://webs-gis.cesga.es/velutina/, que prognostica a expansión futura da velutina e o seu grao de afectación a nivel de concellos. É o primeiro sistema de detección precoz desta especie invasora que se deseña en Europa.

MAPA. A Consellería Medio Rural dispón tamén dun mapa que cualifica por cores os municipios galegos afectados pola velutina en función do número de niños detectados.

Segundo os datos do pasado luns, Monforte é dos máis afectados da Ribeira Sacra, con máis de 100 enxames coñecidos; seguido do Saviñao, Chantada, Sober e A Pobra do Brollón con entre 26 e 100.

Curiosamente non aparece Pantón como territorio especialmente sensible á especie invasora a pesar de que o seu alcalde, José Luis Álvarez, sinalou que só desde o pasado mes de maio os seus operarios retiraron uns 200 niños. O resto dos municipios están catalogados cunha presenza moderada de enxames.

A velutina chegou á comarca polo río Miño desde a costa atlántica
Comentarios