Vehículos cheos de oportunidades en Monforte

Autos Lemos celebrará unha nova Feira do Automóbil de Ocasión, con máis de cen coches a disposición dos seus clientes 
Campa de Autos Lemos preparada para la feria de vehículos de ocasión. EP
photo_camera Campa de Autos Lemos preparada para la feria de vehículos de ocasión. EP

O mercado dos coches de ocasión abriuse camiño nos últimos anos en Monforte entre este luns 27 e o sábado 1 de xuño a cuarta edición da feira dedicada ao sector. 

Hai uns anos, Roberto Novo deuse conta de que nas provincias de Lugo e Ourense existía unha flota de  turismos de ocasión que supuña unha gran oportunidade para os compradores. Agora, tras catro convocatorias da feira, Novo afirma que a proposta "funcionou perfectamente” e as súas expectativas para esta nova edición son altas.

Para adaptarse aos clientes axustaron datas e horarios. Abrirán de luns a venres con horario habitual e o sábado celebrarase a xornada de portas abertas. Os 21 membros do persoal de strong <>Autos Lemos estarán á disposición dos clientes para axudalos en todo momento. 

Predominan entre as súas vendas turismos, comerciais, de carga e todocaminos. Todos os seus vehículos son do 2021 en diante, fóra dalgúns previos ao covid, do 2018 e 2019, que están en perfectas condicións. Haberá uns 100 coches. Deles, uns 70 serán de Km0, seminovos e ocasión e 30 serán totalmente novos. Entre as súas marcas destacan Citroën, Ford, Audi, Seat e Volkswagen

Todos os vehículos van acompañados dun certificado de quilometraxe do seu respectivo concesionario orixinal e co seu mantemento ao día. Antes de entregalo, cada coche someterase a unha revisión completa e contará cun certificado de non sinistralidade. Para facer fronte ao pago do vehículo existe a posibilidade de acollerse a unha financiamento flexible de ata 10 anos e sen entrada. 

Este ano incorpóranse á feira unha serie de novidades. Aproveitando a gran afluencia de público presentarán modelos novos en primicia. Ademais, todos os coches gozarán de dous anos de garantía, e os clientes poderán estacionar no recinto da feira gratis, grazas unha serie de cambios que permitiron mellorar e completar as  instalacións de Autos Lemos facéndoas máis cómodas e accesibles.

 Datos de interese
Dirección: Rúa Leopoldo Calvo Sotelo 66-70
Teléfono: 982.40.04.47
Web:  www.autoslemos.es
 

Comentarios