Unha veciña da Vide, moi grave ao queimarse na cociña da súa casa

As chamas envolvérona tras prender lume a roupa que levaba posta
Imagen de archivo de una ambulancia del 061. EP
photo_camera Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061. EP

Unha muller de 59 anos de idade, veciña da monfortina parroquia da Vide, resultou ferida de gravidade, sobre a unha da noite do xoves, debido a que as chamas envolvérona tras prender lume a roupa que levaba posta. O accidente sucedeu na cociña da casa, onde hai unha estufa de leña. Todo apunta a que puido sufrir un desmaio e caeu sobre ela.

Unha ambulancia do servizo de urxencias sanitarias do 061 trasladouna ao hospital de Monforte, onde tras ser estabilizada foi derivada á unidade de queimados do hospital da Coruña. Ao peche desta edición, a muller atopábase en estado crítico ao estar afectado o 80% do seu corpo polas importantes queimaduras padecidas.

Segundo puido saber este diario, a muller pediu auxilio cando as súas pezas comezaron a arder. A súa irmá e o seu irmán, os únicos residentes na vivenda (todos solteiros), auxiliárona echánlole cubos de auga, para posteriormente quitarlle os restos da súa vestimenta, á vez que avisaban ao 061. Non foi necesaria a intervención do corpo comarcal de bombeiros.

Este grave suceso, acaecido na casa familiar destes tres irmáns que residen no barrio do Chao, na Vide, causou unha gran conmoción na parroquia.

Ese mesmo pesar tamén se trasladou a Monforte onde os irmáns, sobre todo o home e a muller ferida, son moi coñecidos, ao acudir á cidade todos os días e relacionarse con numerosos veciños.

Comentarios