Os vándalos cébanse coas piscinas exteriores de Chantada

Lanzaron de madrugada as mesas de madeira da área recreativa contra os valos e arroxaron produtos á auga que imposibilitan o baño
Los vándalos lanzaron las mesas contra las vallas. EP
photo_camera Os vándalos lanzaron as mesas contra os valos. EP

As piscinas municipais exteriores de Chantada foron vítimas de actos vandálicos a pasada madrugada. Ao chegar pola mañá, os encargados das instalacións atopáronse coas mesas de madeira da área recreativa tiradas contra o valo que separa a zona de baño do céspede. Unha delas colgaba xusto da parte superior do peche, polo que se baralla que os autores dos feitos intentaron arroxala á auga.

As mesas xa foron colocadas de novo no seu sitio, pero neste momento as piscinas permanecen pechadas ao público. Os vándalos introduciron na auga distintos produtos, deteriorando o seu estado e facendo imposible o baño. O Concello traballa para limpala e confía poder abrir a instalación de novo nos próximos días.

Non é a primeira vez que isto sucede. Este verán, as mesas apareceron con desfeitas outras tres veces e o goberno local tivo que retirar no seu día as antucas, pois aparecían na auga con frecuencia.