jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

Un ferido ao despeñarse un vehículo por un terraplén na N-120 en Pantón

No coche viaxaban outros dous ocupantes, que resultaron ilesos

Unha persoa resultou ferida e outras dúas ilesas nunha saída de vía este luns pola mañá en Pantón. Ocorreu pouco antes das 7.00 horas na Nacional 120, concretamente na baixada de Guítara en dirección Ourense.

Por causas que se descoñecen, á altura do quilómetro 543, a furgoneta na que viaxaban os tres ocupantes con destino a Vigo saíuse da via, arrasou os valos e caeu por un terraplén duns tres metros.

Foi necesaria a intervención dos bombeiros para excarcerar aos viaxeiros e sacalos ata a estrada. Tamén interviñeron varias patrullas da Garda Civil e persoal do 061.

Un ferido ao despeñarse un vehículo por un terraplén na N-120 en...
Comentarios