As tradicións perdidas do Carme

CHANTADA ANTANO ► Ao rematar as guerras carlistas, Chantada acometeu a construcción de numerosas infraestruturas e tamén apareceron as primeiras iluminacións para substituír os fachos de lume que se usaban nos festexos. En 1877 elevouse un gran globo e millerios de farois e en 1887 realizouse o primeiro ensaio con luz eléctrica
Globo grotesco sobre o río Asma que se alzou nas populares Festas do Carme. ARQUIVO PRADO
photo_camera Globo grotesco sobre o río Asma que se alzou nas populares Festas do Carme. ARQUIVO PARDO
O século XIX estivo marcado a ferro e sangue polas guerras carlistas, iniciadas o 9 de marzo de 1835 ata o último ataque o 17 de novembro de 1874. A pesar das numerosas mortes entre carlistas e isabelinos, en xuño de 1835 os comandantes da Milicia Urbana de Chantada, Francisco Monseo e Francisco Silva, tiveron "un día de campo cos 40 Urbanos con obxecto de celebrar coa posible alegría os días da nosa augusta Soberana".

En 1844 tómase a decisión por efecto da guerra civil de trasladar a capitalidade do partido de Chantada a Taboada, sendo recuperada definitivamente en 1861.

A vila comeza a estruturar os seus edificios administrativos e vías de comunicación -practicamente inexistentes-. En abril de 1844 empézase a edificar a casa do concello, escola de nenos e cárcere, todo nun mesmo edificio, poxando na sala de sesións o 25 de decembro de 1845 o servizo de persoal e iluminación (por aceite) do cárcere. En 1863 levarían a cabo a construción dunha nova armadura e cuberta para o Concello e diversas obras no cárcere cun investimento de 5.643 reais.

En xuño de 1841 iníciase o desenvolvemento das infraestruturas para o transporte ao erixirse unha ponte sobre o río Asma, no camiño de Ourense chamado do Barranco; en novembro de 1859, a sección de Fomento do Goberno publica o anteproxecto de estrada de Ourense a Lugo por Chantada e en xuño de 1873 a Deputación ordena a construción dunha ponte de pedra e madeira en Portotide sobre o Miño entre os concellos de Chantada e Saviñao.

ILUMINACIÓNS XERAIS. A foliada nos festexos foron acompañados desde tempos pretéritos nos rituais druídicos por fachos de lume e tamén serviu a través de iluminacións xerais para celebracións de índole extraordinaria. Na postulación oficial de Chantada ao reinado de Isabel II as noites do 18 e 19 de novembro de 1834, a casa do alcalde maior Francisco Monseo e outras apareceron iluminadas entre danzas e gaitas.

O 14 de abril de 1850 ilumináronse todas as casas con baile, sete músicos e a participación de oito sacerdotes polo embarazo da Raíña e o 6 de decembro de 1857 con motivo do seu sétimo alumeamento iluminación xeral de seis a nove con exposición do seu retrato desde o balcón do concello.

O 6 de xuño de 1869, por orde do ministro da Gobernación co motivo da promulgación da Constitución, a Alameda contou con iluminación. Na restauración borbónica no reinado de Alfonso XII celebráronse do 20 ao 22 de marzo de 1876 as chamadas Festas de Pacificación con iluminación -xa existía iluminación pública por gas en 1861- e empezáronse a introducir o xogo das cucañas.

SANTO MILAGREIRO. No Boletín Oficial da Provincia de Lugo, 16 de agosto de 1848, aparece, ata a data, o rexistro documental máis antigo das Festas: "Aviso. As funcións que anualmente fai a vila de Chantada á gloriosa Virxe do Carmen, coa cal ten especial devoción, celebraranse este ano nos días 26, 27 e 28 do corrente mes de agosto, con tal solemnidade e pompa, que proporcionarán aos concorrentes variadas escenas de agradable entretemento, particularmente nos dous últimos días e as súas noites. O que se fai público para coñecemento dos devotos de tan milagrosa advocación e tamén dos afeccionados as festas, que participando do relixioso e o pagán, ofrecen á alma piadosa un dobre e delicioso encanto".

O bienio negro para Chantada foi en 1879 e 1880 -cun ataque de lobos infectados de hidrofobia- polas fortes xeadas onde a comida alcanzou prezos exorbitantes -centeo 22 reais ferrado, millo 24 e trigo 30- por falta de cereais e as présas polas contribucións (amillaramento) fixeron que a poboación en xeral pasase fame e miseria. En 1881 a situación mellorou decidindo adiantar as festas patronais do 18 de ao 20 de xuño en honra a San Antonio de Padua.

FEBRE AEROSTÁTICA. Coa creación do Circo Recreo en 1863, as sociedades (Tertulia 1887, Liga de Amigos 1912 e CRC 1947) comezan a organizar a maioría dos festexos, nesta ocasión con bailes no salón da casa do Marqués de Valladares e na entidade.

En 1879 e 1880 a comida alconzou prezos moi elevados e en 1881 os festexos foron en xuño

Nas patronais de 1877 elevaron un gran globo e tres de diversas cores e figuras, o Folión ía acompañado con rapaces que elevaron multitude de farois, realizouse un altar con lume en cuxo centro apareceu a Virxe do Carmen, teatro de traxicomedia, representación da historia sacra e o combate do Callao e as rúas estaban engalanadas con arcos e iluminada con farois de diversas cores.

En 1887 realizouse o primeiro ensaio de luz eléctrica, baile contradanzado con cintas e arcos formado por 20 parellas, corrida de burros, iluminación veneciana e velada musical na Tertulia.

En 1890, o correspondente escribe sobre a desvirtuación tradicional do Folión ao advertir sobre un estraño carro que "arranxou un mozo e rico comerciante desta vila, que, amante do progreso, tratou de dar a coñecer o obxecto que chama a atención de todo o mundo, o invento do insigne Peral. Para o efecto fixo unha copia do submarino, na que se vían bonitos transparentes, e posta en marcha parecía lanzar torpedos no momento en que saía a saudar ao público desde a torre óptica".

En 1891 elevouse un globo Montgolfier e outros coa forma da torre Eiffel e o submarino Peral. No 1902 alzouse "un globo monstro"

En 1891 elevouse un globo Montgolfier e outros coa forma da torre Eiffel e o submarino Peral.

No século XX Chantada non celebrou festas en 1903, desde 1936 a 1942 e en 1963.

Os globos voadores pasaron a chamarse monstro e, a partir de 1920 grotescos, así en 1902 alzouse "un globo monstro que envexaría a comisión organizadora dos festexos do Apóstolo Santiago". A evolución tecnolóxica a través da electricidade modificou, a partir de 1903, o Folión de Carros, ao desaparecer o "acompañamento a esta procesión con facho e caprichosos farois".

Milleiros de faroliños artesáns no Cantón

Lembra Ánxel G. Montero nas Nosas antigas festas patronais (1962), a importancia da iluminación veneciana no Cantón e a Alameda, onde instalaban milleiros de faroliños artesáns (con engrudo, chisqueiros de folla de lata e soporte de arame) en forma rectangular. Cortaban o papel e envolvíanos nuns cilindros de madeira. Utilizaban gallardetes e escuños para o soporte en postes en simetría poligonal para dispoñer no centro outro xigante do que partían irradiacións cara a outros auxiliares e desde estes a toda a periferia do recinto formando encaixes e arabescos. Tamén se facían os globos que en nada desmerecían aos famosos de Betanzos, onde era un técnico o farmacéutico Alejandro Baanante.

Comentarios