Dous traballadores sofren queimaduras en Monforte ao rebentar unha bobina

Os operarios foron traslados en ambulancia a un centro hospitalario por mor das lesións

Tramo de la calle Padre Feijóo, en Monforte. GSV
photo_camera Tramo de la calle Padre Feijóo, en Monforte. GSV

Dous traballadores foron evacuados este mércores ao hospital de Monforte ao resultar feridos por queimaduras ao rebentar a bobina que se atopaban manipulando.

O 112 Galicia recibiu o aviso ao redor das 16:30 horas por parte dun particular, quen indicaba que dous traballadores acababan de sufrir queimaduras, que nun primeiro momento non parecían revestir gravidade, en diversas partes do corpo. Segundo esta mesma fonte, no momento do accidente, acontecido nun local situado na rúa do Pai Feijóo, ambos os operarios estaban a manipular unha bobina, que rebentou e provocou as feridas.

De inmediato, desde o 112 coordinouse a acción do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se desprazou ata o lugar nunha ambulancia, e dos axentes da Policía Nacional. Ademais, informouse á Policía Local e a Protección Civil de Monforte.