
Chantada é un dos concellos onde se rexistrou un incremento rechamante de positivos nos últimos días, pasando de cinco a 20 casos nunha soa semana.
A razón é unha suma de brotes familiares, que están a ser rastrexados e que non se expoñen como de especial preocupación. Entre os positivos detectados nos últimos días figuran os de strong<> catro traballadores da residencia de terceira idade. Un cribado xeral a todo o centro xeriátrico non atopou caso algún entre os usuarios.
Tamén se rexistraron casos en, polo menos, un centro de Secundaria do municipio, o que igualmente propiciou cribados entre o persoal e os alumnos das clases afectadas.
RELACIÓN CON OURENSE. A estreita relación dos chantadinos con Ourense podería estar detrás dese aumento de casos. Percíbese tamén noutros concellos da zona sur da provincia como Monforte, que pasou de 3 a 14 casos activos, ou O Saviñao, que sumou nove casos no transcurso da última semana.
BRIGADA DE LÁNCARA. O alcalde de Láncara informou este luns de que seis membros dunha brigada de obras municipal estaba en corentena a raíz do contacto dun deles cun caso positivo. Tamén asegurou que este martes realizaráselles un cribado, organizado polo Concello, con carácter preventivo.