Lunes. 19.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 19.11.2018
El tiempo

Un total de 86 establecementos participarán na 12 edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural 

Sortéanse 10 Fins de Semana Outono Gastronómico para dúas persoas entre aqueles que se fagan unha fotografía co bus e súbana ao Facebook de Turismo de Galicia. TOÑO PARGA
Sortéanse 10 Fins de Semana Outono Gastronómico para dúas persoas entre aqueles que se fagan unha fotografía co bus e súbana ao Facebook de Turismo de Galicia. TOÑO PARGA

Ademais, súmanse a esta proposta 23 casas de turismo rural da provincia da Coruña, 19 de Lugo, 25 de Pontevedra e 19 de Ourense.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou este luns a edición número 12 do Outono Gastronómico en Turismo Rural, unha proposta que permite gozar de ata 172 menús diferentes en 86 establecementos de toda a comunidade e pasar a noite neles nos fins de semana desde o próximo 14 de setembro ata o 16 de decembro. 

Nesta ocasión, adhírense a esta proposta 23 casas de turismo rural da provincia da Coruña, 19 de Lugo, 25 de Pontevedra e 19 de Ourense. Todas elas están a ser anunciadas a través dun autobús promocional que percorre Galicia desde o pasado fin de semana e que este luns chegou a Monforte de Lemos. 

Como parte desta iniciativa, que busca captar a atención dos galegos e dos turistas nesta época do ano, sortéanse 10 Fins de Semana Outono Gastronómico para dúas persoas entre aqueles que se fagan unha fotografía co bus e súbana ao Facebook de Turismo de Galicia. 

"Pomos xa a vista no outono, a época na que máis evolucionou o turismo en Galicia no pasado ano, achegando motivos para visitar a Comunidade tamén nesta época", sinalou Nava Castro, quen recordou o éxito desta iniciativa, que ao longo de 11 edicións sumou preto de 60.000 participantes.

CATRO MODALIDADES. O Outono Gastronómico en Turismo Rural ofrece opcións que se adaptan ao tipo de viaxeiros, ás súas preferencias ou á duración da estancia. Estarán dispoñibles todos os fins de semana, excepto os do 12 a 14 de outubro e 7 a 9 de decembro. 

A oferta Menú Outono Gastronómico, deseñada exclusivamente para esta ocasión, inclúe entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños das distintas denominacións de orixe galegas e outras bebidas polo prezo global de 30 euros por persoa. 

Tamén se ofrece a posibilidade do Paquete Outono Gastronómico, que permite degustar o menú e pasar a noite na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do día seguinte. Esta segunda modalidade prevé un menú por persoa máis aloxamento e almorzo, a escoller entre a noite de venres ou sábado. O prezo é de 120 euros para dúas persoas en habitación dobre ou de 80 euros para unha persoa en habitación individual. 

Outra das opcións é gozar do Fin de semana Outono Gastronómico, que inclúe dous menús por persoa máis o aloxamento, na noite de venres e sábado. O prezo é de 200 euros para dúas persoas en habitación dobre e 140 para unha persoa en habitación individual. 

Finalmente, se se quere compartir coa familia un fin de semana, existe o Fin de semana familiar, que inclúe ofertas para un e dous nenos ata 14 anos.

Un total de 86 establecementos participarán na 12 edición do Outono...
Comentarios