lunes. 06.07.2020 |
El tiempo
lunes. 06.07.2020
El tiempo

A tormenta fai estragos en Monforte

Un camión de bombeiros, diante do parque dos Condes.EP
Un camión de bombeiros, diante do parque dos Condes.EP

A forte tormenta caída esta tarde provocou varias inundacións no centro de Monforte. Os bombeiros do parque comarcal non pararon de traballar entre as 19:15 e as 21:00 horas.

Os efectivos tiveron que actuar para sacar a auga de baixos comerciais e garaxes das rúas Morín e Chantada, así como do Gadis da Rúa Roberto Baamonde. Tamén diante do aparcadoiro do parque dos Condes, onde o tráfico estivo cortado uns minutos.

A tormenta fai estragos en Monforte
comentarios