O temporal Elsa derrubou este xoves de madrugada o muro dunha campa de coches en Monforte. Os ladrillos derrubáronse sobre varios vehículos estacionados na parcela para a súa venda.
Trátase da campa que ten Autos Lemos entre as rúas San Pedro e Calvo Sotelo e no que están os automóbiles de ocasión e quilómetro cero.
Os danos máis severos afectaron a tres vehículos da instalación.