Suspendido por covid o xuízo contra un empregado de banca de Chantada e un funcionario de Carballedo

Ao primeiro acúsaselle de facer máis de 130 operacións ilegais por un importe de 93.000 euros â?? Ao segundo atribúeselle haberse quedado con 30.000 euros, aínda que xa devolveu todo
La vista fue aplazada en la Audiencia Provincial de Lugo. AEP
photo_camera La Audiencia Provincial de Lugo. AEP

O xuízo que se tiña que celebrar este luns na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo contra un empregado de banca e un funcionario do Concello de Carballedo por estafa e apropiación indebida foi suspendido por terceira vez, neste caso por contaxio por Covid-19 dun dos procesados.

O motivo do adiamento, aínda non se sinalou data para o xuízo, debeuse a que o traballador do Concello non puido acudir ao dar positivo por covid-19.

A Fiscalía pide nove anos ao empregado de banca, un veciño de Chantada, e dous anos para o funcionario. Ao primeiro acúsaselle de facer máis de 130 operacións ilegais por un importe de 93.000 euros, agora Abanca reclámalle 84.000 euros tras devolver o resto.

Pola súa banda, ao funcionario do Concello de Carballedo atribúeselle haberse quedado con 30.000 euros, aínda que xa devolveu todo. A nova suspensión do xuízo prodúcese cando se ultimaba un acordo de conformidade das partes, polo que non entrarían no cárcere.

O principal obstáculo é a acusación particular. O avogado do funcionario, Miguel Caraduje, confirmou a suspensión e tamén constatou que "en parte está canalizado o acordo". "Nós chegariamos a un acordo, o problema é a acusación particular de Abanca, que non está por ese acordo mentres o outro acusado non satisfaga a responsabilidade civil", explicou.

ATENUANTES. O cliente de Caraduje satisfixo "todas as responsabilidades civís e aplicaríaselle os atenuantes da reparación do dano e unha atenuante de dilacións polo tempo transcorrido", comentou.

Os feitos remóntanse "ao ano 16 e 17" na localidade de strong <>Castro de Carballedo e na que se viron afectados decenas de veciños destes municipios e concellos limítrofes.

O avogado do empregado de banca, Alejandro, puntualizou que "de momento non sabe a data do xuízo", á vez que corroborou que "está moi preto o acordo de conformidade". Aos acusados impútaselles os delitos de apropiación indebida e estafa agravada.