domingo. 17.11.2019 |
El tiempo
domingo. 17.11.2019
El tiempo

O superrobot Da Vinci fará dúas operacións urolóxicas este sábado en Monforte

O superrobot Dá Vinci. AEP
O superrobot Dá Vinci. AEP
Preto de 80 médicos de toda España participarán nun congreso no que verán actuar a unha máquina que só teñen 24 hospitais

Ata Monforte chega esta fin de semana o robot Da Vinci, o sistema cirúrxico máis avanzado do mundo, xa que ofrece maior precisión ao especialista e a máxima seguridade ao paciente. Trátase dunha plataforma robótica sofisticada deseñada e fabricada pola empresa norteamericana Intuitive Surgical para potenciar as capacidades e habilidades do cirurxián cunha mínima afectación invasiva en procedementos de maior complexidade cirúrxica.

Da Vinci componse dunha consola de deseño ergonómico para o cirurxián, un carro con catro brazos robóticos, un sistema de visualización de alta calidade e os instrumentos patentados Endo Wrist, que son os propios dunha operación cirúrxica, pero adaptados para fixarse ao final dos brazos robóticos e ideados para permitir ao profesional manter a súa destreza natural.

Este superrobot estará na cidade do Cabe dentro da edición número 22 das xornadas cirúrxicas da Sociedade Galega de Urología que terá lugar o día 25 e 26 entre o hospital comarcal e o Parador de Turismo.

Co robot Da Vinci realizaranse dúas operacións que poderán ser seguidas polos participantes no congreso, 80 urólogos chegados de diferentes puntos de España, mediante un sistema de videoconferencia. Ademais, segundo un dos organizadores do evento, o médico monfortino Alejandro Sousa, "realizaranse polo menos tres intervencións cirúrxicas totalmente novas na nosa comunidade autónoma".

O congreso contará coa presenza da catedrática de Inmunoloxía de Vigo, África González, quen falará sobre o valor das terapias inmunolóxicas no cancro; ademais de montarse unha mesa redonda con especialistas de Bilbao, Córdoba, A Coruña, Ferrol e Ourense sobre os avances no diagnostico e tratamento do cancro de próstata.

O encontro é tan multitudinario que se ocuparon os dous hoteis de catro estrelas de Monforte e moitos dos participantes buscaron prazas en casas de turismo rural.

O superrobot Da Vinci fará dúas operacións urolóxicas este sábado...
Comentarios