A Subida xa ten horarios

Os organizadores da edición número 47 da veterana proba de Chantada anuncian que o seu seguimento será posible grazas a unha retransmisión en directo na plataforma Youtube
Varios de los vehículos participantes, anteayer en Chantada. EP
photo_camera Varios dos vehículos participantes, o mércores en Chantada. EP

A acción trepidante e o ruxir dos motores volve este fin de semana Ribeira Sacra coa celebración da edición número 47 da Subida a Chantada. Esta edición da Subida, que volveu a acender os seus motores logo dun ano en branco polas circunstancias sanitarias, comezará o venres a súa actividade.

Desde as 16.30 horas comezarán no mercado gandeiro de Chantada as verificacións administrativas; posteriormente, os participantes dirixiranse a cálea Xoán XXIII para as verificacións técnicas. Nesta edición, a hora límite para a entrada dos vehículos no parque pechado será ás 22.30, tanto o venres como o sábado.

A xornada do sábado iniciarase co adestramento dos pilotos prioritarios entre as 11.30 e as 12.30 horas. A continuación, sucederanse dúas sesións de adestramento que servirán para que os pilotos se aclimaten ao terreo. Logo destas sesións, terá lugar a primeira das tres subidas do fin de semana.

O día grande da Subida a Chantada será domingo. Esta xornada comezará cunha sesión de adestramento ás 9.00 horas; tras ela, Chantada albergará as dúas últimas probas desta edición. Ao redor das 15.00 entregaranse os diferentes premios e trofeos da proba.

CATEGORIÁS. Na categoría 2 chega como líder á Subida o piloto Javi Villa co seu monopraza BRC BR53, seguido de cerca por Raúl Ferré co seu Silver Car CS e Gonzalo Cabanas Fernández-Capalleja e o seu Norma M208. Na categoría 3, Mario Asenjo lidera a táboa, seguido de Edgar Montella, segundo, e Garikoitz Flores, terceiro.

Na categoría 1 estarán en Chantada Humberto Jannsens, líder co seuPorsche 911 GT3 2015, José Antonio López Fombona co seu Lamborghini Furacán Super Trofeo e Manuel Avilés e o seu Ginetta G50

Ademais dos principais favoritos do CEM, tamén outros pilotos de talla e renome teñen un protagonismo especial na cita; entre eles, o último vencedor da proba, Adrián Rozados e o seu SilverCar EF10, ou Pablo Rey e o seu Fórmula SMB X21, que optan a ocupar as primeiras prazas das súas respectivas categorías.

Entre a extensa lista de pilotos galegos atópase o lucense José Antonio Alonso Liste, que competirá na Subida a Chantada na súa Ginetta G50, vehículo de gran tradición nas Illas Británicas.

A organización da proba confirmou que a presente edición desta proba poderá ser seguida en directo a través de internet, grazas á retransmisión na canle de Youtube de Barracuda Racing 360. Ademais, tamén será posible seguir en tempo real e en liña os tempos marcados por todos os competidores no sitio web de motorcanario.com.

Os horarios
Venres

16.30: Verif. administrativas
16.45: Verificacións técnicas
22.30: Límite parque pechado

Sábado

11.30: Entr. pilotos prioritarios
A contiuación: Adestramento 1
A continuación: Adestramento 2
A continuación: Subida oficial 1
22.30: Límite parque pechado

Domingo

9.00: Adestramento 3
A continuación: Subida oficial 2
A continuación: Subida oficial 1
15.00: Entrega de trofeos

Comentarios