A Subida a Chantada celebrarase en xuño

A proba automobilística volverá pertencer ao campionato de España de montaña e celebrarase os días 26, 27 e 28

ELP1108P49F4
photo_camera Un dos participantes na pasada edición da Subida a Chantada. AEP

A edición número 47 da Subida de Chantada será nunha data distinta ás edicións anteriores. A histórica proba automobilística que percorre parte da Ribeira Sacra chantadesa celebrarase a finais de xuño. En concreto será os días 26, 27 e 28.

A carreira, unha contrarreloxo cuxo circuíto percorre o tramo que vai desde a ponte vella que une O Saviñao e Chantada á zona de Ponte Meixide, volverá formar parte do calendario do Campionato de España de Montaña. A Subida é unha das competicións clásicas de Galicia e adoita levar a Chantada un importante número de afeccionados ao mundo do motor.

Comentarios