Os socialistas reclaman máis facultativos para o centro de saúde de Pantón

Denuncian a carencia de médicos no municipio
Médico. AEP
photo_camera Médico. AEP

Os socialistas de Pantón reclamaron unha mellor cobertura no centro de saúde da localidade, coa asistencia de tres facultativos de luns a venres. Fixérono á espera da reunión do alcalde da localidade, José Luís Álvarez, coa Consellería de Sanidade, segundo informan nun comunicado. 

Sobre estas demandas, afirman que seguirán "pelexando para atopar unha solución á carencia de médicos no municipio". Ademais, apoian as reclamacións dos veciños ata que se cubran os facultativos solicitados. 

Comentarios