Socialistas da comarca de Lemos reclaman 15 proxectos que a Xunta non inclúe nos Orzamentos

Reclaman fondos para estradas, saneamentos, abastecementos, centros de maiores, vivendas turísticas, novas liñas de autobús ou servizos sanitarios no hospital

Militantes socialistas da comarca de Lemos na súa reunión en Monforte. CEDIDA
photo_camera Militantes socialistas da comarca de Lemos na súa reunión en Monforte. CEDIDA

Militantes do Partido Socialista nas terras de Lemos mantiveron este sábado un encontro comarcal en Monforte para poñer en común as principais demandas dos veciños dos Concellos da zona, que, ao seu entender "o Partido Popular na Xunta de Galicia non atende dende hai unha década". 

Fixérono de cara a elaboración de emendas ao Orzamento autonómico para 2019. O Vicesecretario Provincial Socialista, José Tome Roca, apuntou que “nas contas para o vindeira ano, o PP só incluíu 3 partidas económicas para Lemos, que son practicamente as mesmas doutras anualidades que nunca executou. Creo que isto evidencia o desprezo do PP aos nosos veciños e o abandono ao que teñen sometido a nosa Comarca”.

Os socialistas reclaman ao Executivo autonómico do PP que cumpran dunha vez por todas con máis dunha quincena de peticións veciñais ás que non responde dende hai anos e anos, aínda terse comprometido coas mesmas de xeito público nalgúns casos.

Entre as reclamacións feitas destacan "fondos para mellorar as instalacións e dotar dos servizos necesarios ao Hospital de Monforte de Lemos" ou a "Dotación dunha residencia para maiores comprometida dende hai anos" en Pantón.

Comentarios