A veciña de Sober Avelina Gómez Rodríguez cumpre hoxe cen anos. O alcalde, Luis Fernández Guitián, acudiu a visitala na súa casa de Francos de Proendos. Alí estaban tamén a súa filla Nuchi e as súas sobriñas Luisa e Puri.
Sober conta con nove centenarios na actualidade.