Sober reparte equipos de desinfección entre todos os concellos da Ribeira Sacra

Equipos de desinfección a repartir en Sober. EP
photo_camera Equipos de desinfección a repartir en Sober. EP

O Concello de Sober decidiu realizar unha repartición gratuíta de material para levar a cabo desinfeccións entre todos os municipios da Ribeira Sacra ante a crise do coronavirus.

Nun comunicado emitido este venres, o goberno local explica que, a través da empresa local PulviPlass Ibérica, farase entrega nos concellos da comarca de sulfatadoras de alta presión con diversos tipos de boquillas, así como de máscaras protectoras.

O obxectivo é facilitar que os 25 concellos lucenses e ourensáns da Ribeira Sacra poidan levar a cabo tarefas de desinfección para combater a expansión do coronavirus.

O alcalde de Sober, o popular Luis Fernández Guitián, sinala que a repartición empezará a facerse "canto antes" a través dos traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) e os voluntarios de Protección Civil.

Comentarios