Sober mostra a súa repulsa polo asasinato de Estrela Domínguez

O municipio acolleu unha concentración este luns

O municipio lucense de Sober decretou dous días de loito oficial polo falecemento da súa veciña Estrela Domínguez Menéndez, natural do lugar de Naz -na parroquia de San Miguel de Rosende- por mor da violencia machista.
Esta muller, cuxos restos mortais recibiron este domingo sepultura en Sober, supostamente foi asasinada o venres pola súa parella na casa que compartían en Madrid.

O municipio tamén acolleu este luns unha concentración de repulsa e rexeitamento da violencia machista na Praza do Concello á que asistiron o alcalde, Luís Fernández Guitián, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez e a deputada popular Raquel Arias, natural de Sober. Ademais, a Xunta expresou a súa "máis enérxica condena" tanto por este crime como polo dunha muller en Valga.

As bandeiras do Concello de Sober luciron a media hasta este fin de semana en sinal de duelo e o alcalde da localidade, Luís Fernández Guitián, trasladou aos familiares da vítima, no seu nome, no dos demais membros da corporación e en de os propios veciños deste municipio, as condolencias á familia da falecida.