O sector lácteo da Ribeira Sacra está pendente de cobrar 1,5 millóns de euros

UU AA alerta do problema económico que sofren explotacións gandeiras das comarcas de Lemos, Chantada e Monterroso

2019061918515529464
photo_camera 2019061918515529500

O sindicato Unións Agrarias (UU AA) denunciou o martes en Monforte os problemas que padecen numerosas explotacións gandeiras das comarcas de Lemos, Chantada e Monterroso. Félix Porto, responsable da área externa da organización, asegurou que aos produtores lácteos destas zonas débenselle 1,5 millóns de euros. No total da comunidade galega, Porto indicou que esta cifra se eleva a catro millóns.

Detrás desta situación de falta de pagamentos, destacaron desde UU AA, está tanto unha mala praxe dos intermediarios, aqueles que recollen o leite nas explotacións e encárganse de venderlla ás industrias transformadoras; como a laxitud da administración galega, que, ao seu xuízo, non pon os medios para controlar a estes intermediarios, que poden operar sen que se lles esixan avales Iso, destacaron, acaba en falta de pagamentos e quebra das sociedades limitadas que montan esas persoas que fan de ponte entre o punto de orixe e final do leite das explotacións lucenses.

Félix Porto mostrouse a favor de que a Xunta de Galicia regule a figura dese intermediario co fin de acabar "coa situación de indefensión" que padecen os gandeiros, máxime cando as débedas acumuladas "asfixian as súas explotacións".

Unións Agrarias ofreceuse a todos os gandeiros que teñan este problema a representalos co fin de negociar o cobro do diñeiro que se lles debe ou, no caso de que iso non fose posible, actuar pola vía xudicial.

Di que hai propietarios de explotacións que levan entre dúas e tres anos esperando a recibir o montante derivado da venda do leite e que as cláusulas de arbitraxe que ten a Xunta de Galicia dentro do paquete lácteo para estes casos non son efectivas, como, destacou Félix Porto, pódese comprobar.

UU AA advertiu tamén que o 30 deste mes finaliza o prazo para xustificar ante Facenda as axudas da Xunta.

Comentarios