A SD Chantada lamenta a morte do seu socio número un, falecido con coronavirus

A SD Chantada sumouse este venres ás mostras de pesar pola morte do home de 89 anos que estaba ingresado no Hospital de Monforte con coronavirus. Ángel Albilares López, o primeiro falecido na provincia co virus, era o socio número un do club

Nunha publicación nas redes sociais, a SD Chantada recorda que Ángel Albilares López participou hai un par de meses na cea do 50 aniversario do club. "Todos os membros da SD levamos un grato recordo de Ángel", apunta, á vez que envía un abrazo e "moito ánimo" á familia.

Ángel Albilares era moi coñecido e querido en Chantada, onde tiña unha xoiería e reloxería.