As rutas en catamarán polos ríos Miño e Sil comezarán o 24 de marzo

Estarán operativos en Semana Santa

Catamarán en la Ribeira Sacra. TOÑO PARGA
photo_camera Catamarán na Ribeira Sacra. TOÑO PARGA

A Deputación de Lugo abriu este mércores o prazo para realizar este ano rutas fluviais en catamarán polos ríos Miño e Sil, na Ribeira Sacra, que comezarán o próximo 24 de marzo.

Os catamaráns da Deputación, cuxo servizo será prestado este ano mediante unha concesión administrativa -á espera de que saia a concurso en 2019-, comezarán a funcionar o día 24 de marzo e o deputado de Turismo, Eduardo Vidal, confirmou que estarán operativos tamén en Semana Santa.

En declaracións aos medios de comunicación, Vidal Baamonde informou de que os billetes están á venda desde este  mércores en www.reservas.rutasembalses.es aínda que tamén se poden realizar as reservas a través do teléfono 982 260 196 ou mediante correo electrónico [email protected].

O deputado de Turismo precisou que "os interesados en gozar dalgunha das rutas fluviais da Deputación poden facer o seu reserva a través da Central de Reservas" que puxo en marcha o goberno provincial e que permite aos usuarios "gardar ou comprar billetes, así como solicitar todo tipo de información".

Vidal Baamonde recordou que, desde que o actual goberno provincial fíxose cargo da xestión das rutas, "o número de viaxeiros aumentou nun 30%", con 53.250 usuarios o pasado ano.

"Todo isto despois das melloras levadas a cabo no servizo, como a renovación da Central de Reservas, que funciona 24 horas, a apertura dunha oficina de turismo en Doade ou a mellora das embarcacións", concluíu.

Comentarios