Rouban 14.000 euros en metálico e 6.000 en xoias nunha casa de Escairón

O suceso produciuse cando a súa propietaria se foi a pasar foi a pasar o Nadal coa súa filla a outra localidade

Un coche de la Guardia Civil. AEP
photo_camera Un coche da Garda Civil. AEP

Unha septuaxenaria que posúe unha vivenda unifamiliar tipo chalé na Rúa do Outeiro, rúa situada en Vilasante, moi preto do núcleo urbano de Escairón, quedouse sen 14.000 euros en efectivo e 6.000 en xoias tras o asalto á súa vivenda cando se atopaba pasando as vacacións do Nadal coa súa filla, que reside noutra localidade.

O roubo produciuse entre os días 22 de decembro e este venres, cando regresou ao seu domicilio e comprobou que estaba todo revolto e faltáballe tanto o diñeiro que gardaba como as alfaias.

Axentes da Garda Civil acudiron á casa para intentar conseguir pegadas dos ladróns ou calquera indicio que poida apuntar a súa identidade. A investigación está aberta, polo que non se facilitaron detalles acerca deste roubo. Este diario só puido saber que os cacos forzaron unha fiestra situada na parte traseira da edificación, a menos visible a ollos dos veciños para acceder ao seu interior.

A veciñanza móstrase preocupado polos roubos con forza que se producen na capitalidade do municipio do Saviñao

O roubo foi amplamente comentado durante a xornada deste sábado en Escairón pola veciñanza, tanto pola contía do subtraído como por, dicían algúns veciños, os recorrentes sucesos deste tipo que dun tempo para acó se suceden na capitalidade municipal.

E é que o último roubo con violencia produciuse no mes de outubro, en concreto no restaurante Os Campeliños, situado na Rúa Rosalía de Castro de Escairón, cando uns descoñecidos, de madrugada, accederon ao interior do local tras romper o cristal da porta principal do establecemento e unha vez dentro rebentaron unha máquina comecartos, outra de tabaco e unha terceira dedicada ás apostas deportivas.

A veciñanza teme que haxa unha banda especializada en atracos que vixía a zona, pero incluso fala de que exista alguén residente na vila que lle informa das casas ou establecementos suceptibles de ser violentados ao carecer de medidas de seguridade como alarmas, caso que se deu no restaurante Os Campeliños, situado nos arredores da localidade, na estrada de saída cara a Currelos. Poucos días despois, outro establecemento hostaleiro da zona, situado na Barrela, tamén foi asaltado de noite

Comentarios