Roberto Eireos renuncia a ser a cabeza de lista do PP de Monforte

Cualifica de "circo" a actuación do seu partido. Mantén que non se dan as condicións para liderar un "proxecto incluínte, de unión"

Roberto Eireos (primero por la derecha), en la presentación de una feria del vino de Pantón. AEP
photo_camera Roberto Eireos (primeiro pola dereita), na presentación dunha feira do viño de Pantón. AEP

O novo empresario monfortino Roberto Eireos Sáez comunicou á primeira hora da noite deste mércores que rexeita encabezar a candidatura do Partido Popular por Monforte ás eleccións municipais do 26 de maio do próximo ano. Faino, segundo indicou a través dun comunicado, porque non quere formar parte dun "circo do que son totalmente alleo e do que non vou participar".

Así foi de taxativo. Incluso, declarou que a súa intención é desmarcarse totalmente de calquera proposta, dando a entender que non desexa saber nada do PP, nin tan sequera volver formar parte da corporación de Pantón, da que é concelleira desde o 2015.

Roberto Eireos, nun comunicado que a última hora deste mércores xa circulaba profusamente polas redes sociais ante o estupor de todos, indicou que dera o si "a participar nun proxecto incluínte, de unión de diversas sensibilidades (do PP) a favor de intentar sacar a Monforte da parálise na que está instalada desde hai anos".

Con todo, engadiu, que está moi lonxe dos seus desexos ser o protagonista dun espectáculo de circense do que, destaca, é totalmente alleo.

AGRADECEMENTO. Tamén declarou que agradece as mostras de apoio recibidas e que lle desexa o mellor ao PP, "ao meu partido", e á súa presidenta local, Julia Rodríguez Barreira, que espera teña "éxitos tanto no profesional como no persoal".

Eireos finaliza o seu comunicado : "Como bo monfortino que son, desexo o ben para este municipio. Aí seguirei estando para o que humildemente poida achegar".

Este diario intentou sen éxito contactar co secretario do PP lucense, o saviñao Juan Carlos Armesto Quiroga, para que se pronunciase sobre a renuncia de Eireos e para coñecer se o PP dispón dun plan B ou, pola contra, non quedará máis remedio que volver botar man da persoa que xa descartara, Julia Rodríguez Barreira, candidata nos comicios de 2011 e 2015 con resultados desiguais nestas convocatorias.

O PROCESO. A crise no seo do PP monfortino xurdiu o pasado 31 de outubro, cando este xornal desvelou que Roberto Eireos sería o candidato á alcaldía polo PP monfortino e de forma inmediata saíu á palestra Julia Rodríguez, responsable local, dicindo que non sabía nada do asunto, do mesmo xeito que os concelleiros do seu grupo municipal, que pediron acalaraciones á dirección provincial.

Foi cando a crise estalou. Julia Rodríguez chegou a desprazarse a Santiago para falar co presidente do PP galego, Alberto Núñez, quen non a recibiu, sendo escoitadas as súas queixas polo seu número dous, Miguel Tellado.

Poucos días despois, o secretario do PP en Lugo, Juan Carlos Armesto, declarou que non había tal crise en Monforte, que todo estaba solucionado e que Roberto Eireos encabezaría unha lista se non gañadora polo menos ilusionante.

De feito, Armestó falou dunha candidatura "forte", que sería pactada e na que estarían "os mellores".

O responsable de organización dos populares lucenses tamén destacara o feito da necesidade de pensar "máis aló do personalismo" e que o inmovilismo non era bo, en clara referencia á necesidade de relevar a Julia Rodríguez Barreira,

Sexa como fose, na dirección do Partido Popular de Lugo teñen unha importante crise en Monforte a tan sos seis meses das eleccións locais.

Comentarios