A Ribeira Sacra e o Pazo de Adai, algúns escenarios de 'O sabor das margaridas'

José Tomé recibiu este xoves a parte do equipo de produción e dos actores no marco da colaboración desta institución provincial co audiovisual galego
José Tomé junto con el equipo de 'O Sabor das Margaridas'. XESÚS PONTE
photo_camera José Tomé xunto co equipo de 'O sabor dss margaridas'. XESÚS PONTE

A sRibeira Sacra, Monforte de Lemos ou o Pazo de Adai (no Corgo, Lugo) atópanse entre os escenarios escollidos para a rodaxe da segunda tempada da serie O sabor das margaridas, que se emite na Televisión de Galicia e Netflix. 

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, recibiu este xoves a parte do equipo de produción e dos actores no marco da colaboración desta institución provincial co audiovisual galego. 

Durante o encontro, Tomei destacou a "defensa da industria audiovisual" como parte do "tecido industrial galego" e que "achega un valor engadido á economía en Galicia" a través do cine e da arte. 

Ademais, puxo en valor que esta segunda tempada da serie axuda "á promoción turística" da provincia de Lugo cunha rodaxe que mostra "as paisaxes, monumentos" e puntos "atractivos" do territorio. A produción galega xa se situou "entre as dez máis vistas de Netflix" no Reino Unido e Irlanda coa primeira tempada. 

Os escenarios galegos elixidos supoñen "paisaxes que fixeron o traballo máis fácil"

Por outra banda, Tomeé explicou que "nos últimos dez anos, a Deputación de Lugo colaborou dunha forma ou outra cunha ducia de películas de series ou curtametraxes" e subliña que "as posibilidades dos novos medios, a multiplicación de canles e a demanda de contidos fan do audiovisual un sector económico á alza" que pode xerar "nos próximos anos máis de 20.000 novos empregos" en España.

SEGUNDA TEMPADA. Pola súa banda, o produtor de O sabor das margaridas, Ghaleb Jaber Martínez, confirmou a finalización da gravación da segunda tempada e apunta a que agora está "en fase de montaxe". 

Ademais, apuntou a que "a lingua non é un obstáculo" e cre que do "audiovisual" é o "mellor xeito de exportar país". Os escenarios galegos elixidos supoñen "paisaxes que fixeron o traballo máis fácil" para as máis sesenta persoas que participaron nos traballos e na gravación desta serie.

Comentarios