Ribeira Sacra estará no brinde do Día Movemento Viño

No acto, que terá lugar o 11 de maio, participarán un total de 27 denominacións de toda España

TEAE1820
photo_camera Un brinde na Feira do Viño de Pantón. EP

A denominación de orixe Ribeira Sacra participará o 11 de maio, a partir das 13.30 horas, na terceira edición do brinde colectivo e simultáneo organizado con motivo do Día Movemento Viño. En Monforte, o acto terá lugar no patio do Centro do Viño.

Ribeira Sacra será unha das 27 denominacións de orixe de España que se sumarán a esta iniciativa desde distintas partes e ao mesmo tempo. O obxectivo é poñer en valor o viño e achegalo ao público en xeral e aos mozos en particular por medio dun ambiente festivo e reivindicativo.

Este ano destacarase o papel das denominacións de orixe, así como dos seus viticultores e adegas, como elemento vertebrador do medio rural, fonte de sustentabilidade socioeconómica e fixador de poboación nas zonas rurais.

A xornada será aberta a todo tipo de público, tanto para os amantes do viño como para os que simplemente queiran achegarse a descubrilo. As redes sociais xogarán un papel importante durante a actividade. A través de Facebook, Twitter e Instagram poderán compartirse fotografías e experiencias utilizando a etiqueta #DíaMovimientoVinoDO.

Comentarios