A Ribeira Sacra estará en alerta amarela este venres por mor das altas temperaturas

A Xunta activa outros avisos de niver amarelo e laranxa para zonas de Ourense e Pontevedra 

Una tarde de calor en Monforte.AEP
photo_camera Unha tarde de calor en Monforte.AEP

Este venres as temperaturas volverán alcanzar niveis exasperantes en gran parte da Península, levándose Ourense a peor parte en Galicia, onde se activará a alerta laranxa ao alcanzar o mercurio os 40 graos centígrados.

A Xunta xa activou este xoves a alerta amarela por altas temperaturas nas zonas do Miño ourensán e pontevedrés, aínda que as previsións son máis severas para o venres, cando a alerta se estenderá á Ribeira Sacra lucense, as Rías Baixas, así como o sur de Ourense. Ademais, a alerta pasará a laranxa no Miño na provincia ourensá, chegando a alcanzar os 40 graos.

Así, con nivel laranxa estarán este xoves nas provincias españolas de Toledo, Cáceres, Badaxoz, Córdoba e Xaén, dado que a subida das temperaturas será notorio en case toda a Península, aínda que en Galicia e o litoral cantábrico os ascensos serán máis lixeiros.

Comentarios