Rexistradas medio milleiro de alegacións contra un parque eólico no Courel

A asociación A Volta Grande do Courel indicou que "a resposta veciñal é exemplar"
Vista del paque eólico de Montouto. AEP
photo_camera Vista do paque eólico de Montouto. AEP

A asociación A Volta Grande do Courel sinalou que máis de 500 persoas presentaron alegacións en diferentes rexistros galegos para opoñerse á creación duns grandes parques eólicos que se proxectan instalar nas montañas que comparten O Courel e o Bierzo.

A Volta Grande indicou que a pesar do pouco espazo de tempo do que dispuxeron para mostrar o seu total rexeitamento á iniciativa "a resposta veciñal é exemplar", á vez que anunciou unha oposición "masiva diante deste conflito que ameaza con impactar gravemente non patrimonio social, natural, cultural e paisaxístico do Courel".

O colectivo asegura que non discute a necesidade dun modelo enerxético limpo e renovable, pero que non acepta que coa "complicidade dos responsábeis políticos traten de vender estes proxectos coma unha oportunidade para as zonas rurais".

Comentarios