Retiran un niño de vespa velutina nun edificio de vivendas de Monforte

Os bombeiros levaron a cabo a opración de noite para evitar riscos e captura o maior número de vespas posible

Veciños seguindo a operación de retirada do niño de velutinas. MALU RODRÍGUEZ
photo_camera Veciños seguindo a operación de retirada do niño de velutinas. MALU RODRÍGUEZ

Os bombeiros do parque comarcal de Monforte interviron esta noite para retirar un niño de vespa velutina dun edificio de vivendas da rúa Chantada de Monforte.

Estaba na fachada do inmoble número 51. A operación fíxose de noite para evitar riscos e capturar o maior número de avespas posible.

A rúa Chantada é unha das de maior poboación da cidade e de maior tráfico. No baixo do edificio no que estaba o niño funciona un restaurante.

Comentarios