jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Alerta sanitaria: retiran do mercado todos os produtos dunha quesería de Taboada

Produtos de Casa Macán. EP
Produtos de Casa Macán. EP
Sanidade pecha a actividade de Casa Macán e recomenda ás persoas que non consuman os seus lácteos

Sanidade retirou do mercado todos os produtos elaborados por Lácteos Casa Macán, empresa con sede en Taboada, por "incumprimentos graves" na súa elaboración.

Segundo informa a Axencia Española de Seguridade Alimentaria, as autoridades galegas competentes na materia realizaron un control na empresa e detectaron "incumprimentos graves que non poden garantir a seguridade dos produtos alí elaborados".

Por iso suspendéronse preventivamente todas as actividades da firma e ordenou a retirada de todos as súas produtos. Están afectados por esta alerta os seguintes lotes de Casa Macán.

  • Manteiga cocida de vaca
  • Queixo D.O. Arzúa Ulloa
  • Queixo D.O. Teto
  • Queixo D.O. Arzúa Ulloa curado
  • Queixo varra Costeño
  • Queixo galego en lonchas

Os produtos foron distribuídos en Galicia, Cataluña e Castela-A Mancha. Por agora non hai ningún caso de persoas afectadas por esta alerta.

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria recomenda ás persoas que teñan no seu domicilio produtos afectados por esta alerta que se absteñan de consumilos e os devolvan ao lugar de compra.

[Instalacións de Casa Macán, en 2006]Instalacións de Casa Macán, en 2006. ARQUIVO

Alerta sanitaria: retiran do mercado todos os produtos dunha...
Comentarios