Resolto o problema dos décimos de lotería de Ponteareas vendidos en Monforte

A mediación resolveu o problema
20201222-637442323770343691

A mediación resolveu o problema dos décimos da Lotería do sorteo do Neno de Ponteareas vendidos nunha administración monfortina tras un erro de Correos á hora de remitilos, o que obrigou a xudicializalos.

O comprador foi Miguel Rodríguez, hostaleiro propietario do bar 'As de pikas' na localidade pontevedresa. Os décimos enviáronse a nome equivocado e foron a parar á administración xestionada por José Antonio de la Torre na cidade do Cabe, concretamente na Rúa Cardeal.

Así comezou un conflito resolto grazas a unha mediación entre ambas as partes. De la Torre vendeu uns 45 décimos antes de darse conta do erro. O loteiro de Monforte indicou que el se fará cargo economicamente desa parte da Lotería. O resto de décimos, sinalou a este xornal, foron xa enviados a Ponteareas, o seu destino correcto.

José Antonio de la Torre mostrou a súa satisfacción por que o conflito se resolvese, aínda que está descontento coa actitude de Correos. «Se desentendieron da situación, cando o erro foi seu», dixo o loteiro monfortino.

De la Torre lamentou tamén as molestias que esta situación poida ocasionar aos clientes e indicou que non haberá ningún problema á hora de levar a cabo posibles cobros tras o sorteo da Lotería do Neno, que se celebrou este mércores.

Comentarios