Os residentes en Galicia terán prezos especiais no Parador de Monforte

Trátase dunhas tarifas que ofrecen habitacións dobres estándar para unha ou dúas persoas desde 67 euros por noite
Turistas en el Parador de Monforte. AEP
photo_camera Turistas no Parador de Monforte. AEP

O Parador de turismo de Monforte reabriu as súas instalacións tras un parón que se prolongou desde o pasado 3 de xaneiro. A nova tempada ten unha oferta especial para todos os que residan en Galicia

Trátase dunhas tarifas que ofrecen habitacións dobres estándar para unha ou dúas persoas desde 67 euros por noite (almorzo opcional) mentres continúen vixentes as actuais restricións de mobilidade. Ademais da cama supletoria gratuíta para menores de doce anos, a oferta inclúe un 20% de rebaixa sobre a carta do restaurante.

Comentarios